A Ratiña Pérez xubilouse este ano e veu vivir ao bosque do noso cole , preto do seu curmán Leo Moito.E como non podía ser de outra forma segue a traballar , axudando aos nenos e nenas cos dentes caídos.
Así os alumnos que lles cae un dente , escriben unha carta á Ratiña, deposítanna no buzón, e logo os axudantes colaboradores de Leo Moito son encargados de recollelas, levarllas á Ratiña e traer logo aos nenos e nenas unha carta e un pequeno agasallo da marabillosa Ratiña Pérez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario