BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

xoves, 5 de marzo de 2020

Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes.

Os axudantes da biblio estannos recomendando libros  cada semana, nesta ocasión Lucía de 6ºB , escolleu  Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes de Elena Favilli , editorial Destino.

BUZÓN DO AMOR E A AMIZADE.

Quedan poucos días xa para finalizar  a actividade do Buzón do amor e a amizade.Coma en anos anteriores esta actividade ten moito  éxito entre o alumnado. Nela  calquera membro da comunidade educativa pode escribir unha mensaxe, poema, carta , nota...  a outra persoa do cole.
Os  nenos e nenas de 5º e 6º, axudantes  da biblioteca ,serán os encargados de facer chegar as mensaxes aos seus destinatarios.
O buzón atópase na  entrada de biblio de E. Primaria.
Aínda estás a tempo de mandar a túa mensaxe!
Participa!


MÁIS RECOMENDACIÓNS!

Os nenos e nenas  de infantil seguen a recomendarnos contos!!!!!!
Moitas grazas pola vosa colaboración !!!!!!















mércores, 12 de febreiro de 2020

RECOMÉNDANOS UN CONTO -EDUCACIÓN PRIMARIA

Dende a biblioteca de Primaria comezamos tamén a actividade Recoméndanos un conto , neste caso foi Anxo de 6ºA , colaborador da biblioteca , quen nos recomendou un  libro da colección  dos Bolechas.
A  entrada da biblio tedes tamén  unha pequena exposición con máis libros dos Bolechas.
Pasade pola biblio e collede un para ler no voso tempo libre.



RECOMÉNDANOS UN CONTO-EDUCACIÓN INFANTIL

Están xa expostas as fotos dos traballos dos  nenos/as de educación infantil que participaron na actividade Recoméndanos un conto.










                               



CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

Para conmemorar o día da Paz  realizáronse varios murais, un obradoiro  e proporcionouse información sobre os distintos símbolos da paz existentes.





 

Rematamos a actividade Seoaniños e seoaniñas pola paz levada a cabo  durante a semana do 27 ao 31 de xaneiro.











mércores, 5 de febreiro de 2020

RECOMÉNDANOS UN CONTO -EDUCACIÓN INFANTIL


RECOMÉNDANOS O TEU CONTO FAVORITO
Dende a biblioteca de infantil convidámosche a  participar con Leo moito, o coello da biblioteca do cole.
Escolle coa túa familia un conto que che guste moito e entrega a túa mestra unha foto onde aparezas ti co conto e o teu nome e curso.
A túa participación será exposta na cristaleira da biblioteca de infantil.
Anímate a participar!!!!!!!!!
                                               Unha aperta. Leo Moito.