Dentro das actividades do club de lectura o xoves 27 de marzo realizamos unha visita guiada á biblioteca María José Trincado de Mera , onde Rosalía explicounos a distribución da biblioteca, as distintas seccións , a forma de préstamo, os libros máis prestados...
sábado, 29 de marzo de 2025
Club de lectura: Visita á biblioteca María José Trincado
venres, 28 de marzo de 2025
Xornadas Plambe
A coordinadora da biblioteca asistiu o 20 de marzo ás Xornadas Plambe onde puido presenciar charlas moi interesantes e ver o gran traballo que se está a facer nos centros escolares.
Semana da prensa
Do 10 ao 14 de marzo conmemoramos no cole a Semana da Prensa con diversas actividades , aínda que en moitas clases dita conmemoración prolongouse todo o mes.
Como en anos anteriores aunamos o 8M , a Semana da Prensa e o proxecto anual de centro "Seoarte" para deseñar a actividade "Mulleres na arte" onde cada clase realizou entrevista a mulleres relevantes dentro dese ámbito.
Os traballos realizados expuxéronse na zona exterior da biblioteca .
Estes traballos encadernaranse e pasarán a formar parte dos fondos bibliográficos da biblio.
xoves, 27 de marzo de 2025
Tempo de Entroido
Coma en anos anteriores para inaugurar o Entroido e tamén para despedilo organízouse na biblioteca dous Maratóns de chistes.
A un paso do préstamo informatizado
Quédanos xa moi pouco para comezar co préstamo informatizado.
Estanse catalogando os últimos libros, os carnets xa preparados e comeza a conta atrás.


.jpg)









.jpg)





.png)