BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP LUÍS SEOANE. MAIANCA-OLEIROS.

luns, 8 de xuño de 2020

QUE LLE PASA AO PLANETA?

ORELLA PENDELLA

ORELLA PENDELLA  é un blogue que difunde a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer.
E non só se poden encontrar recursos  senón  que  ademáis  pódese participar  enviando ditos , cancións , recitados etc.
Pincha na imaxe.

                               

XOGOS DE ORTOGRAFÍA

Pincha na imaxe e repasa  a ortografía.





domingo, 17 de maio de 2020

POETAS NO CEIP LUIS SEOANE

Nenos , nenas e profes do Ceip Luís Seoane recitaron  poemas de distintos autores galegos para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Pincha nas imaxes.


                                                 

venres, 15 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

O día das Letras Galegas é unha conmemoración instaurada en 1963 pola Real academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola súa defensa da lingua. Cada ano adícase a unha personalidade diferente , escollida pola RAG, tendo en conta que se esixen ao menos dez anos dende o seu falecemento. Dende a instauración desta conmemoración, soamente en 1998 adicouse conxuntamente a tres autores ,os poetas mediavais Martín Codax, Xohán de Cangas e Medinho, famosos polas súas cantigas.
A data do día das Letras Galegas coincide coa publicación en 1863, en Vigo, do primer exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que marcaría o Rexurdimento cultural do galego.
Este ano adícase a  Ricardo Carvalho Calero.
Na seguinte páxina  tedes actividades diversas sobre o autor. Pincha na imaxe.



Tamén os Bolechas  teñen a súa aportación cun  libro adicado a Carvalho Calero .


As pitas baixo a choiva , conto, música e unidade didáctica, traballo da Coordenadora de equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra,Pincha na imaxe.  
                     
                            

luns, 11 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020- Poetas e poetisas- NOVA ACTIVIDADE

Somos poetas e poetisas.
Son moitos os poetas galegos a destacar :  Rosalia, Eduardo  Pondal, Blanco Amor, Curros Enriquez, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Antonio, Manuel María, Aquilino Iglesia  Alvariño,Antonio García Teijeiro , Helena  Villar  Janeiro…
Coincidindo coa semana das letras galegas  e a gran cantidade de poetas que existen e existiron na nosa Terra, dende a biblioteca propoñémosvos a seguinte actividade:
Hoxe ides ser vós os poetas e poetisas. Escolledes unha poesía en galego, do autor/a que vós queirades  e gravades un audio, no que recitedes a poesía escollida.
Dito audio virá acompañado dun debuxo , en horizontal, representativo da poesía e có nome e curso,título da poesía e nome do autor.

Email: bibliotecasmera19@gmail.com

Aí van os primeiros:
A fala de Manuel María que recita a profe María José.
Aire puro de Celso Emilio Ferreiro , o profe Quique.
Negra sombra  de Rosalía de Castro, a profe Araceli.
Amor esa palabra  de Helena Villar Janeiro , a profe Silvia.
 



 
                                       

                                       
 ÁNIMO  CON ESES POEMAS!!!!!